Aparicio Añón (Malpica de Bergantiños) falará a partir das 12:30 sobre o seu traballo nun dos catro centros de olería tradicional aínda activos hoxe en día en Galicia, Buño.

Aparicio é na actualidade o oleiro de Buño máis antigo que se dedica a este oficio tradicional e o mestre de referencia para a maioría dos oleiros que comezan coa súa formación. No seu taller de olería combina as formas tradicionais con outras de novo deseño e ten participado en diferentes eventos de carácter internacional baixo a marca Artesanía de Galicia.

Noticia completa en Artesanía de Galicia.