O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura, César Antonio Molina, concedeu o 9 de maio unha das Medallas de Ouro ó Mérito nas Belas Artes os Oleiros de Buño (Malpica de Bergantiños).

Neste enclave ven conservándose durante séculos unha tradición alfareira única, que sigue máis viva que nunca e que é, de feito, unha das cerámicas galegas que mellor conserva as formas autóctonas tradicionais.
As súas orixes remontanse a época prehistórica, na que se elaborarían xa recipientes de barro asociados á extracción e a fundición do estaño e o ouro.
O maior esplendor da alfarería de Buño viviuse nos séculos XVII, XVIII e XIX, momento no que adquiriu as formas e as pautas decorativas cas que ainda hoxe se siguen elaborando todo tipo de recipientes funcionais e ornamentais.

Noticia completa en Artesán.