Un ano máis a Olería Aparicio está representada na feira Tent en Londres, gracias a Consellería de Economía, Emprego e Industria que aposta así polo impulso á promoción exterior da artesanía galega e a busca de novos mercados. Neste encontro de referencia do deseño preséntase unha colección de pezas de 36 obradoiros galegos na que a artesanía tradicional combina con produtos máis contemporáneos a prata, o téxtil e o coiro únense á cerámica, á cestería tradicional, á cestería téxtil, á olería tradicional ou ás pezas utilitarias en madeira.

Noticia completa en Artesanía de Galicia.

Siguiente publicación

This is the most recent story.